MOITO ME AMA O SEÑOR
MOITO ME AMA O SEÑOR
Canto de nenos
(Carlos Otero Padín)
- Moito me ama o Señor, sempre me enche de bens
quere facerme seu fillo, o seu herdeiro tamén.
Grande e fermoso agasallo, ser semellante a Deus;
ser súa imaxe perfecta, ser parecidos a El.
LEVO UN TESOURO AGACHADO DENTRO DA MIÑA PERSOA,
UNHA SEMENTE DE VIDA QUE O MESMO DEUS É QUEN DOA.
EL SEMENTOU ESA VIDA, EL ENXERTOU ESA PLANTA,
CANTO DESEXO QUE MEDRE DESDE O PROFUNDO DA ALMA!
- Deus imprimiu no teu peito unha pegada do Ceo,
El me selou para sempre co seu máis fermoso selo.
Son da familia divina!, fíxome fillo adoptivo;
teño unha casa onda Deus, teño onda El o destino.
- Eu ensuciei esa vida, eu embacei* esa imaxe,
cegado polo egoísmo, non acollín a mensaxe.
Funme afastando da casa, díxenlle "non" ao meu Pai;
vinme perdido na rúa, deixei o ben polo mal.
- Máis, ao voltar á súa casa, deume un abrazo de Pai,
fixo unha espléndida festa cando me viu retomar.
Vestiume un traxe de gala e ronovoume a Alianza.
Xa son outra vez su fillo, xa teño de novo a Graza!
* Cubrir de bafo [algo, especialmente un cristal ou un metal].