FE NON É AGARDAR (m)
FE NON É AGARDAR
(Irimia/Lluis Llach)
- Fe non é agardar, fe non é soñar
é a dura loita de hoxe pra un mellor mañá.
Non soñemos mais co que marchou xa,
unha flor de hoxe esmorece no serán,
cómpre nova flor cada mañá.
Non esperes pan sen o sementar,
non esperes froitos dunha póla sen podar,
hai que traballar, hai que sementar,
aínda que nos manque o porfiar.
- Imos aparta-las pedras do chan
e a limpa-lo ceo para que o sol poida brillar.
Cómpre toda luz, compre todo afán,
o tempo é favorable para medrar.
Temos que avanzar na comunidade,
darlle vida á terra e preparar un mellor chan.
Cómpre nova flor cada mañá.