A FONTE DO SANTUARIO
Á FONTE DO SANTUARIO
(Carlos Otero Padín)
Á FONTE DO SANTUARIO FUN A BEBER
A AUGA QUE ALÍ NACÍA E VIN
UNHA LUZ QUE ME INDICABA O CAMIÑO
A SEGUIR DICÍNDOME:
"LOADE Ó SEÑOR, LOADE O SEÑOR"
Lévoo no meu pensamento cada día ao camiñar
se me sinto descontento non deixo de amar.
Só Deus sabe o meu lamento cando estou canso de andar,
peregrino no camiño, sen sentir amor,
peregrino no camiño sempre así, Señor.
Auga limpa e milagreira, a fonte santa gardou,
para darlle aos camiñantes sabia bendición.
Loade a Deus para sempre como un fillo ama ao seu pai
e lembrarse de buscarlle a razón de ser
camiñante peregrino entregado a El.
Auga limpa e milagreira, a fonte santa nos deu,
para saciar nos camiñantes a sede de Deus.
No bautismo recibimos pola auga a gracia DEL
que nos fai membros de Cristo no seu pobo fiel
e consagra a nosa vida para segui-lo a El.