UNHA NOVA CREATURA
UNHA NOVA CREATURA
(X.Portas Ferro-Isauro García)
OS BAUTIZADOS LEVAMOS
UNHA BRANCA VESTIDURA
PARA DICIRMOS QUE SOMOS
UNHA NOVA CREATURA,
PARA DICIRMOS QUE SOMOS
UNHA NOVA CREATURA.
Fomos liberados da morte
e das gadoupas do mal
e trasladados ó reino
da liberdade e da paz.
Somo-la luz deste mundo,
Deus quere ve-la brillar
non é a luz pra escondela
nin pra deixala apagar.
Somo-lo sal desta terra,
Deus quere ve-lo salgar
non é o sal pra guindalo
nin pra deixalo estragar.