CANTIGA PARA UNHA BOCA
CANTIGA PARA UNHA BOCA
(Isauro García Ramos)
Boca que anuncia que Deus é o noso Pai
e que coida de nós co seu máis tenro amor.
Boca que chama "felices" aos máis pobres,
pois teñen sempre en Deus o corazón.
Boca que canta a grandeza do home
cando se fai pequeno, humilde e servidor
e que sementa palabras de esperanza;
a boca de Xesús sementa dor.
QUERO SER A TÚA BOCA,
OS TEUS LABIOS SER, SEÑOR.(2)
Boca que bica os pés dos seus amigos,
amando ata o extremo, con infinito amor;
boca que manda "Facede vós o mesmo";
a boca de Xesús, Mestre e Señor.
Hoxe pregunta: "Quéresme máis ca estes?,
Serás ti testemuña da Resurrección?";
para engadir: "Serás Pastor comigo,
coñecerán por ti a miña voz".