CON NÓS XA PODES CONTAR (V)
CON NÓS XA PODES CONTAR
(Odilo Glez.)
Sentímo-la forte chamada
de quen quere a todos salvar,
para darlle saída a este mundo
que o alongue das néboas do mal.
QUE SI, SEÑOR, QUE SI, CON NÓS
XA PODES CONTAR (2)
Respostas que duren por sempre
aniñadas no noso interior,
que reflexen posturas valentes,
compromisos que saiban de amor.
Alleos ás verbas baleiras,
á percura de xestos de fe,
arriscámo-la nosa existencia
por camiños que leven a Deus.