FAGAMOS QUE XERMOLE
FAGAMOS QUE XERMOLE
(Antón Fdez. León)
- Nunha sociedade sen Deus nin amor,
onde o diñeiro eo pracer son deuses,
e na que o subir e o ascender son mitos
e as cousas deste mundo son candeas;
nós queremos ollar cara ás estrelas
para arrincarlle-la súa luz inaccesible
e espallala polas rúas e camiños dunha terra
que esmorece e xa non brilla.
Fagamos que xermole a semente da fe.
Fagamos que xermole a semente da fe.
Fagamos que xermole a semente da fe.
-Nunha sociedade feita toda anacos,
na que os ricos son reis poderosos,
onde os pobres son cal vermes que se arrastran,
ai, canto sangue e bágoas son vertidas;
nós queremos fuxir cara o Edén para acougar
co arrecendo das súas flores e voltar de novo
a un mundo corrompido con aromas
e perfumes feiticeiros.
-----------------------------------------------------------------------
FAGAMOS QUE XERMOLE
DO
Fagamos que xermole a semente da fe.
Lam FA SOL
Fagamos que xermole a semente da fe.
FA SOL FA DO
Fagamos que xermole a semente da fe.