LUZ E CAMIÑO
LUZ E CAMIÑO
(Carlos Otero Padín)
A luz dos teus ollos vaime guiar
por moitos camiños que percorrer.
A herdanza de Pai é halo de amor,
é o que eu quero ter por sempre, Señor . (2)
SON UN CAMIÑANTE
QUE QUERE SEGUIRTE ONDE VAIAS TI,
ERGUÉNDOSE SEMPRE,
LOITANDO POR VERTE NUN MUNDO FELIZ.
VÉN, MEU PAI DO CEO,
SEÑOR DAS ALTURAS,DE TI QUERO SER,
DARCHE O MEU ALENTO,
O SANGUE DAS VEAS E TODO O MEU SER.
DARCHE O MEU ALENTO,
O SANGUE DAS VEAS E TODO O MEU SER.
Ti guíasme aló onde eu queira ir,
facendo de min o ser máis feliz.
Contigo estarei no eido do amor,
tan só quero ser teu servo, Señor. (bis)