SENTADIÑOS
SENTADIÑOS
(Xesús Méndez Torrado)
SENTADIÑOS NA AREA DA PRAIA,
SENTADIÑOS NA BEIRA DO MAR.
SENTADIÑOS, SEÑOR, SENTADIÑOS,
SENTADIÑOS, OÍNDOTE FALAR.
SENTADIÑOS NA AREA DA PRAIA,
SENTADIÑOS NA BEIRA DO MAR.
SENTADIÑOS, SEÑOR, SENTADIÑOS,
SENTADIÑOS, ATÓPAMO-LA PAZ.
Deus, noso Pai, xuntos á túa beira
para escoitar a túa dóce fala
vimos milleiros de lonxe a esta ribeira
e na compaña comer contigo o Pan.
Desde a lanchiña, ti fálasnos, Señor,
nós desde a praia, Ti de costas ao mar;
as túas verbas resóannos a gloria,
a túa mirada, que nos enche de amor.
Coma o pastor que xunta o seu rabaño,
cando na tarde escurece o sol;
cando amosan no ceo as estrelas
e a luz da lúa brilla de esplendor.
Coma unha nai que acouga os seus filliños,
de bágoas cheos ó seu regazo van.
Cando as tebras da noite amosan
xúntasnos ti pretos do teu amor.