E XA SEI (V)
E XA SEI
(Ángel Martínez)
Ti es camiño por onde vaia,
Ti e-la luz do meu interior.
Sempre Ti vas ó meu lado
dándome calor.
Eu só quero estar contigo
e non te vexo ó meu carón;
véxote coa fe que deches
ó meu corazón.
E XA SEI QUE TI ME PIDES MÁIS
E NON ATOPO O XEITO DE TERTE AQUÍ.
E XA SEI QUE QUERES MÁIS DE MIN,
A MIÑA BOCA SEMPRE CHAMARÁ POR TI.
OH, SI CHAMARÁ POR TI.
Como un fillo da túa man
amarrado quero ir.(2)
Camiñando ó teu lado,
e-la vida para min.(2)
E-la verdade da miña vida,
todo o que poido imaxinar;
ó teu lado estou tranquilo,
e-la miña paz.