CANTO NUPCIAL 1
CANTO NUPCIAL
(Xosé Ramón Estévez)
FERMOSAS VERBAS
BOLEN NO MEU CORAZÓN,
BOLEN NO MEU CORAZÓN
FERMOSAS PALABRAS.
O MEU AMADO PRA MIN,
EU TAMÉN PRO MEU AMADO.
Bólenme no corazón fermosas verbas,
adícolle ó Rei o meu poema.
E-lo máis fermoso dos fillos dos homes,
a gracias desborda nos teus beizos;
por iso bendíxote Deus para sempre.
Escoita, filla, mira e inclina o teu oído:
esquece o teu pobo e a casa do teu pai.
Prendado está o Rei da túa beleza;
póstrate diante del, Que é o teu Señor.
Toda radiante entra a princesa,
bordados en ouro os seus vestidos.
Así enfenitada lévana diante do Rei,
e detrás dela as virxes, as súas compañeiras.
Lévanna con ledicia e algueireo;
entran no pazo do Rei.
No canto dos teus pais terás fillos;
faralos príncipes sobre toda a terra.