MESTRE E SEÑOR
MESTRE E SEÑOR
(Isauro Gª Ramos/X.J.)
MESTRE E SEÑOR,
HEITE SEGUIR A ONDE SEXA QUE FORES.
A ONDE SEXA QUE FORES, HEITE SEGUIR.
Sígueme, amigo,
abandona as túas redes
porque Eu te necesito.
Has de ser pescador entre os homes:
VÉN E SÍGUEME.
Sígueme, amigo,
que a colleita é abondosa
e de obreiros eu preciso.
has de vir traballar ao meu eido:
VÉN E SÍGUEME.
Sígueme, amigo,
vai e vende o que posúes
e reparte cos mendiños.
Has de ter un tesouro no ceo:
VÉN E SÍGUEME.