PARA OS NOIVOS NA VODA (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=Trq9TeYEZJw
PARA OS NOIVOS NA VODA
(Manuel Feixoo)
Neste día grande para vó-los dous,
noso Deus bendiga o voso rexo amor.(2)
Que a Virxe, Santa María, Naiciña de paz e amor,
acade felicidades do ceo para vó-los dous.
Noso Deus bendiga o voso rexo amor. (2)
Dende hoxe camiñaredes collidos sempre da man
así triunfaredes sempre, milagres que o amor fai.
Noso Deus bendiga o voso rexo amor. (2)
Convosco estaremos sempre,os vosos amigos fieis,
se os intres son de ledicia, tristeiros se son tamén.
Noso Deus bendiga o voso rexo amor. (2)