CREA EN MIN UN CORAZÓN PURO
CREA EN MIN UN CORAZÓN PURO
(Francisco Fdez. Glez.)
CREA EN MIN, OH DEUS,
UN CORAZÓN PURO
E RENÓVAME POR DENTRO
CUN ESPÍRITO FIRME.
Apiádate de min pola túa bondade,
borra o meu pecado.
Lávame ben da miña iniquidade,
límpame da culpa.
Recoñezo o meu pecado,
sinto a miña culpa.
Lávame Ti, e quedaréi branco,
branco coma a neve.
Faime senti-lo gozo e a ledicia,
borra as miñas culpas.
Crea en min un corazón puro,
non me botes fóra.