RENOVADOS CO SEU PODER (V)
RENOVADOS CO SEU PODER
(X.Portas Ferro-Isauro García)
- Es coma a herba verdecente no renacer primaveral,
que se converte en seco feno coas ardentías de verán.
- Es coma rosa perfumada, que ó mesmo sol envexa dá,
pra no sol por se ver murchada e degolada contra o chan.
SÓ A GLORIA DO NOSO DEUS
REMANECE E PERDURA
E RENOVA CO SEU PODER
TÓDALAS CREATURAS.
TÓDALAS CREATURAS
SE RENOVAN DO SEU PODER (4)
- Es coma a luz que abrolla leda do manatío da mañá,
e se recolle esmorecente no lusco-fusco do serán.
- Es coma o río rebuldeiro, polo cadoiro un fervellar,
e que no esteiro flúe lento a se mexer co alto mar.
- Es coma a festa que escomenza, vidros e risos a escachar,
pra rematar languidamente entre faíscas de pesar.
- Es coma o foguete da festa que o ceo escuro fai brillar
e, ó que estoura, se resolve en charamusca e fume van.