CAMIÑOS DE LUZ
CAMIÑOS DE LUZ
(Odilo Glez.)
Á BEIRA DA NOSA ESPERANZA,
SENTÍMO-LA MAN DE XESÚS
PALABRAS DE VIDA E BONDADES
QUE ABREN CAMIÑOS DE LUZ
Se as tebras da vida te deixan
a escuras, sen luz e calor,
non quedes tristeiro e covarde,
solitario nun mundo sen sol.
Se a xente non premia o teu triunfo
por envexa ou calquera mal querer,
segue adiante, non quedes magoado,
que o premio máis grande é a fe.
Se ves moi cegado o horizonte
polas néboas escuras do mal,
non te encollas e pérda-al esperanza,
pois a luz chegará sen tardar.
Se o mal desta vida te empuxa
a perde-la esperanza e a fe,
ten en conta que a vida é loita,
ti es xove, non podes perder.