A MIRADA DE XESÚS
A MIRADA DE XESÚS
(Antón Fernández León)
ALÚMAME, XESÚS COA TÚA MIRADA,
ÉNCHEME DE AMOR,
ACENDE O MEU ESPÍRITO COA LUZ
DO TEU CORAZÓN.
Éncheme coa túa claridade
ó por os teus ollos nos meus ollos;
dáme Ti, Señor, esa mirada
para poder verte nos máis pobres
e mostrar así que es Caridade.
Eu quero aprender de Ti a mirar
os que están feridos pola vida,
quero transmitírlle-la calor
que os teus ollos sempre transmitían,
porque Ti mirabas con amor.
Por tantas miradas con rancor
e tamén por outras que dividen;
por aquelas que rouban o amor
e por moitas que enganan e minten
veño aquí pedi-lo teu perdón.