AMIGOS DE XESÚS
AMIGOS DE XESÚS
(Mª do Carme Villar/Xosé Antón Miguélez)
Amigos de Xesús o Nazareno,
testigos da súa cruz, morte amorosa,
voceiros da boa nova do seu triunfo,
sostede a fe da Igrexa que vos honra.
1. Sostédenos para ser con vós amigos,
do dóce compañeiro dos mendigos,
do defensor do humilde e do afrixido,
do redentor do pobre e do perdido.
2. Sostédenos para ser con vós testigos,
da morte para dar vida que é o bautismo,
do precio da irmandade que é o martirio,
da cruz que arrica ó mundo do egoísmo.
3. Sostédenos para andarmos o Camiño
que é Xesús de entre os mortos rexurdido,
para pregoar con forza que está vivo,
para ser con vós apóstolos de Cristo.
4. Sostédenos para ser do Pai e o Fillo
mensaxeiros da vida no Espírito,
voceiros da Boa Nova que en vós vimos,
e que ten que alegrar ó entristecido.