BENAVENTURANZAS
BENAVENTURANZAS
(Xesús Portas Ferro)
DITOSOS OS QUE TEÑEN ESPÍRITO DE POBRES,
PORQUE DELES É O REINO DO CEO.
Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.
Ditosos os non agresivos, porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos, porque eles serán tratados con misericordia.
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz, porque serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino do ceo.