CANTIGA PARA UNHAS MANS
CANTIGA PARA UNHAS MANS
(Antón Fdez. León-Isauro García)
Son mans abertas acariciando os nenos,
repartindo tenrura a quen se achega a El;
son mans que parten o Pan para os máis pobres,
son as mans de Xesús de Nazaret.
Son mans quentiñas de Bo Samaritano
curando a quen encontra ferido no camiño.
Son mans que sangran desde unha cruz cravadas
para salva-lo home arrepentido.
QUERO SER AS TÚAS MANS,
A TÚA BOCA SER, SEÑOR.
Son mans que apoian a tódolos caídos
que a El tenden as súas pedindo compaixón;
son mans que abrazan ó fillo que regresa:
son as mans de Xesús, o Salvador.
Son mans tendidas ó amigo que dubida
mostrándolle as chagas, sinal de tento amor;
son mans que prenden a luz dun Novo Día
para quen busca nel a salvación.