CRISTO, XESÚS
CRISTO XESÚS
(Pedro A. Arroyo)
Camiño de pedras, carreiro estreito,
semellan os pés ter cadeas
cando camiñamos en solitario,
nunca cruzamos fronteiras.
Só o compromiso e o amor
estarán no meu camiñar,
só hei de buscar seguirte sempre,
Señor Xesús.
CRISTO XESÚS
ENSÍNAME A A AMAR
NO MEU CAMIÑAR,
AMIGO, CRISTO XESÚS.
Bendice Deus Pai o noso camiño
se as súas pegadas nel leva.
En Cristo encontrámo-lo seu designio,
enche o seu amor a terra.
Chegaron os tempos de andar lixeiros,
os nosos irmáns por nós chaman.
O reino de Deus vive xa connosco
cando o pobre se levanta.