SEÑOR, SEÑOR (V)
SEÑOR, SEÑOR
(José Luis Reza)
DE NADA SERVE DICIR: “SEÑOR, SEÑOR”
E IR Á IGREXA COS DEMAIS A REZAR,
SE AS NOSAS OBRAS NON DIN,
ÓS QUE AS CONTEMPLAN,
QUE SON DE BOS CRISTIÁNS.
Se non lle damos consolo ó que está triste
nin visitamos a quen sofre dor,
se esquecemos ós que teñen soidade,
que lles falta amor.
Se reducímo-lo triunfo do veciño,
ou levantamos calumnia contra o irmán.
Se necesitan axuda no camiño
e non lle tendo a man.
Se lle privámo-lo pan a quen ten fame,
se non lle damos ó sedento de beber.
Se non loitamos pra que os que pasan frío
se poidan acoller.
Se arrinconamos aquel que nos fai sombra,
ou non usamo-lo mando para servir
ou convertimos o conquerir diñeiro
na razón de vivir.