Escoita, ti
ESCOITA , TI
ESCOITA, TI, A PALABRA DE DEUS,
NON SÓ COS TEUS OIDOS,
TAMÉN CO TEU CORAZÓN.
ESCOITA, TI, A PALABRA DE DEUS,
E ESTATE SEMPRE ATENTO Á SÚA VOZ.
- Permítelle entrar dentro do teu corazón,
e na túa mente dalle o seu valor.
Vívea, vívea, na vida real,
pola túa vida, que chegue aos demais.
- Se son as túas mans instrumentos de Deus,
dalle pan ao pobre, faite a súa voz.
Ama a Deus, ama a Deus, amando aos demais,
escoita a súa Palabra aberto aos demais.