A Virxe e San Xosé
A VIRXE E SAN XOSÉ
(Canta: Ana Kiro)
A Virxe e San Xosé
xuntos pasaron o río
e nun cestiño de flores
levan o Neno dormido.
Xa lle levan ó recén nacido
roupiña de abrigo, faixa e calcetín,
porque chega o frío de xaneiro
e o noso Neniño está por vestir.
A Virxe e San Xosé
fanlle mimos ao Neniño
e o Neno escacha de risa
e vai quedando durmido.
A Virxe e San Xosé
están tremando co frío
porque quedaran sen roupa
para tapa-lo Neniño.