Canta, ríe, bebe
CANTA, RÍE, BEBE
(Canta: Ana Kiro)
-Xa merquei unha zambomba, -bomba-
un pandeiro e un tambor, -boor-
e para completar a orquestra
as cazolas do fogón.
Toca ti as tapadeiras –deiras-
que ninguén debe durmir –miir-
que esta noite é Noite Boa
e hai que troulear así.
Canta, ríe, bebe, tes que estar moi leda
porque no Nadal non hai que ter penas;
ti toca a zambomba, que eu cantarei
porque nesta noite nace o noso rei.
-Esta noite todo o mundo –mundo-
está moito máis contento -tento-
despois dunha boa cea
non se para nin un momento.
Ata mañá moi cediño -iño-
eu non me quero deitar –arar –
porque solo teño gañas
de cantar e de bailar.