No portal de Belén
NO PORTAL DE BELÉN
(Canta: Ana Kiro)
-Nun portal que hai en Belén
as estrelas resplandecen
para darlle calor ao Neno
que durmido está no berce.
Pastores cantar, pastores bailar,
que o noso Neniño naceu nun portal.
-Esta noite nace o Neno
entre pallas coitadiño,
entre unha mula e un boi
está o pobre deitadiño.
-María estalle cantando
para que se quede durmido
e os pastoriños arrolan
no seu berce con cariño.