Xa chegamos ó Nadal
XA CHEGAMOS AO NADAL
(Canta: Ana Kiro)
-Xa chegamos ó Nadal
e con el vén a alegría
e os neniños cantarán
panxoliñas neste día.
Xa naceu o Neno Dios
entre pallas deitadiño
e os pastores a Belén
van para ver o Neniño.
-Van chegando para velo
dende todos os rincóns,
porque o neno de María
é tamén fillo de Dios.
Eu tamén vou ao presebe
porque lle quero levar
unha cantiga nos beizos
e un anaquiño de pan.
Xa chegamos ao Nadal
e con el vén a alegría
e os neniños cantarán
panxoliñas neste día.
-Hoxe o mundo xira e xira
arrededor dun portal
porque todos celebramos
estas festas do Nadal.
Esquezamos hoxe as guerras,
que reine no mundo a paz,
e cantemos todos xuntos
neste día do Nadal. (2)