Xunto a ti, Xesús
XUNTO A TI XESÚS
(Alejandro Guillermo/Adapt. Xoan Rodriguez Martínez )
Xunto a ti Xesús eu quero estar,
camiñar ao teu encontro no altar,
alegre o corazón latexa axiña,
na miña alma nacerá unha nova luz,
na miña alma nacerá unha nova luz.
E vivirás en min e eu en ti,
e vivirás en min e eu en ti,
e ledo cantarei Aleluia,
e ledo cantarei Aleluia.
Éncheme de vida e de bondade,
calma as miñas dores e inquedanzas,
serás meu compañeiro de camiño,
e nunca me separarei de ti,
e nunca me separarei de ti.
Quédate comigo bo Xesús
a túa palabra sempre me guiará,
aparta do meu corazón o mal,
ilumina o meu camiño coa túa luz,
ilumina o meu camiño coa túa luz.