É OBRA DO SEÑOR
É OBRA DO SEÑOR
(Carlos Otero Padín)
Vou beber da fonte do teu corazón,
é Xesús quen vai convidar outra vez.
Miro ao ar e vexo na luz das estrelas
ó Señor levando do barco o timón.
SE MIRO AO CEO,
TODO O QUE VEXO É OBRA DO SEÑOR,
SE MIRO A TERRA,
COA SÚA VIDA, É OBRA DO SEÑOR.
Quero andar camiños de paz e esperanza,
sementar sementes que agromen o amor.
Cos irmáns, collidos da man, anunciamos:
"Con Xesús teremos un mundo mellor".