GRACIÑAS
GRACIÑAS
(Mª do Carme Villar/Xosé Antón Miguélez)
1. Graciñas, Deus, que nos deches a terra,
graciñas terra, que nos deches o pobo,
graciñas pobo, que nos deches a agra,
bendita agra, que nos deches o pan.
2. Graciñas man, por sementar o gran,
graciñas gran, por podrecer no chan,
graciñas chan, que nolo volves pan,
bendito pan, por te entregar no verán.
3. Graciñas, Deus, por darnos a María,
gracias, María, por dar a luz ó Fillo,
gracias, Xesús, porque nos dás a vida,
bendita vida, regalo de Deus.