OS NOMES DE DEUS
OS NOMES DE DEUS
(Isauro Gª Ramos)
Os nomes de Deus son tantos
que non se poden contar;
Misterio Eterno e Amor,
Creador da terra e do mar,
do mundo Rei e Señor,
dos pobres Fonte de paz.
OS NOMES DE DEUS SON TANTOS
QUE NON SE PODEN CONTAR
O NOME QUE MÁIS LLE GUSTA
É QUE LLE CHAMEMOS PAI. (2)
Se a Deus eu lle chamo "Pai"
os homes son meus irmáns;
non pode ser que no mundo
non nos deámo-las mans,
que tantas guerras existan,
que non sexamos iguais.
Se Deus é o noso Pai,
non quere vernos sufrir
só quere que nos amemos
e que vivamos así:
servindo a quen máis precisa
e agarda pra ser feliz.
Se Deus é o noso Pai
e fixo cousas tan belas,
El quere que as coidemos
e que miremos por elas,
que neste mundo vivamos
facendo un ceo na terra.