PARA TI CANTO EU
PARA TI CANTO EU
(Xesús Portas Ferro)
PARA TI, NOSO DEUS,
PARA TI CANTO EU.
Cántoche porque amas tódolos seres e os sostés.
Cántoche porque termas da miña vida e da miña fe.
Cando me colle o medo ou se entristece o meu corazón,
síntome envurullado, coma nun colo, no teu amor.
Vexo por Ti na xente, os teus filliños, os meus irmáns;
na humanidade enteira, a gran familia, en Ti, oh Pai.