DEUS ESTÁ PRESENTE
DEUS ESTÁ PRESENTE
(Carlos Otero Padín)
DEUS ESTÁ PRESENTE, É PAN DE VIDA.
DEUS É A ESPERANZA NA EUCARISTÍA.
Lémbrate do irmán que sufre cando no leito adoeza;
espérao sempre, Señor, que é servo da túa grandeza.
Sen medo a morrer quixera no amparo do teu legado,
co auxilio da túa gracia, ser feliz sempre ao teu lado.
As almas que aló agardan que se cumpra a súa esperanza
de estar con Deus para sempre, viven na nosa lembranza.