PAN DO CEO, PAN DE VIDA
PAN DO CEO, PAN DE VIDA
(Antón Fernández León)
PAN DO CEO, PAN DE VIDA,
NO QUE CRISTO ESTÁ PRESENTE.
O QUE COME DESTE PAN
VIVIRÁ ETERNAMENTE.
O QUE COME DESTE PAN
VIVIRÁ ETERNAMENTE.
-Que se acheguen os famentos de verdade e de xustiza
e atoparán a fartura na mesa da Eucaristía.
Os que sentide-la sede dos sedentos de auga viva
vinde beber xubilosos da fonte da Eucaristía.
-O banquete do Señor é unha mesa de irmandade
ao que todos vimos ledos (vinde vestidos de festa)cantándolle á liberdade.
Achegádevos a min os anguriados da vida.
Eu heivos de confortar e enchereivos de alegría.
-“Vós sóde-lo sal da terra, vós sóde-la luz do mundo,
permanecede comigo para dar froito dabondo”
“Xa non vos chamarei servos, heivos de chamar amigos.
Gardando as miñas palabras seréde-los meus testigos.”