SALVE, SANTO SACRAMENTO (v)
SALVE, SANTO SACRAMENTO
(Antón Fdez. León/X. Portas Ferro)
SALVE, SANTO SACRAMENTO,
MEDICINA E ALIMENTO,
CORPO E SANGUE NON FINXIDOS
QUE A PALABRA EN SI TOMOU,
DE MARÍA RECIBIDOS,
E NA CRUZ NOS ENTREGOU.
En Ti témo-la Alianza
sen igual nin semellanza,
que nos une en amistade
estreitísima con Deus
e sustenta a irmandade
dos que fixo fillos teus.
E-la vida para o home
que na paz de Deus tecome.
Es promesa do futuro
gran banquete, e fiel Señor.
Es sinal certo e seguro
da presencia do Señor.
Es misterio saudable,
portentoso e admirable;
don de si que, en pan e viño,
Xesucristo ós crentes fai,
Para andármo-lo camiño
cara ó Reino de Deus Pai.
Gloria, bendición e loa
ó Pai que este don nos doa,
ó seu Fillo benquerido
bendición, gloria e honor,
e parello honor cumprido
ó Espírito de amor.