O TEU SITIO BALDEIRO (m)
O TEU SITIO BALDEIRO
(Xurxo Gómez Gude)
O teu sitio baldeiro, ninguén o encherá;
a fe nos di que vives na gloria celestial.
Misterio da fe, si, na morte á vida.
Agora tan só conta o amor e a verdade;
o Señor hache mostra-la súa eternidade.
Misterio da fe, si, na morte á vida.
Da santa Xerusalén, as portas se abrirán,
e con tódolos santos ó Pai contemplarás.
Misterio da fe, si, na morte á vida.