A VIDA FAI CAMIÑAR
A VIDA FAI CAMIÑAR
XA NON CHEGAN OS CAMIÑOS
FEITOS POLOS NOSOS PAIS,
CADA DÍA A VIDA É NOVA,
E A VIDA FAI CAMIÑAR.
- Camiñanado cara á morte,
cantámosche, Deus da vida,
esta xota esperanzada
dos que só en Ti confían.
Sempre andamos cavilando
en camiños inventar
que á escuridade da morte
venza coa luz da túa paz.
- Dende as penas que nos quieman,
dende o noso sufrimento,
ímonos tras de Ti pra acadar
acougo ó noso tormento.
E Ti estás, Señor, no pobre
que entre nós está sufrindo,
estás na dor e na fame
e na sede dos teus fillos.