CAMIÑANDO POLA VIDA (m+a)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=RBoolfEM68s&list=UUUZplOxqnhWk6TrHoMr3tWQ
CAMIÑANDO POLA VIDA
(Xesús Portas Ferro)
CAMIÑANDO POLA VIDA
CO FRESCOR DUNHA CANTIGA,
CAMIÑANDO ATOPAREMOS CO AMOR.
CAMIÑANDO TODOS XUNTOS
NAS LEDICIAS E NAS DORES,
CAMIÑANDO ATOPAREMOS Ó SEÑOR.
- Ai, Señor, envía o teu alento,
el hanos animar!
Ai, Señor, se temos novos folgos,
volveremos cantar!
- Ai, Señor, que o pobo está moi canso
de tanto camiñar.
Ai, Señor, que xa todos preguntan
polo viño e polo pan.
- Ai, Señor, que che é duro o camiño
e queima moito o sol.
Ai, Señor, que xa non abro os ollos
coas areas e coa dor.
- Ai, Señor que levo os labios secos
do nordés feridor.
Ai, Señor que xa tocar non podo
pois non ten ar o meu fol.
---------------------------------------------------------------
CAMIÑANDO POLA VIDA (Xesús Portas)
RE LA
Camiñando pola vida, co frescor dunha cantiga,
RE LA +7
camiñando atoparemos o amor.
RE LA
Camiñando todos xuntos nas ledicias e nas dores,
RE SOL LA RE
camiñando atoparemos o Señor.
RE LA RE
1.- Ai, Señor, envía o teu alento, el hanos de animar;
SOL LA RE
ai, Señor, se temos novos folgos voltaremos a cantar.
2.- Ai, Señor que o pobo está moi canso de tanto camiñar;
ai, Señor que xa todos preguntan polo viño e polo pan.
3.- Ai, Señor que che é duro o camiño, e queima moito o sol;
ai, Señor que xa non abro os ollos coas areas e coa dor.
4.- Ai, Señor que levo os labios secos do nordés feridor;
ai, Señor que xa tocar non podo pois non ten ar o meu fol.