OS NENOS VAN CHEGANDO (m)
OS NENOS VAN CHEGANDO
(Manuel Feijoo)
- Os nenos van chegando,
os nenos galeguiños;
chegando, van chegando,
cadaquén do seu lar.
Chegando, imos chegando
os nenos galeguiños;
chegando, imos chegando
pra cantar e pra rezar.
- Vinde neniños á nosa festa,
onda Xesús que é o noso irmán.
Tódolos domingos son a nosa festa,
tódolos domingos no seu altar.
Porque neste día é a nosa festa
é a nosa festa no seu altar.
Vinde...
- Os nenos van chegando,
chegando contentiños,
Xesús, o noso amigo,
para cantar e para rezar.
Os nenos xa chegamos,
chegamos contentiños,
Xesús, o noso Amigo,
a carón do teu altar.
Vinde...