SEÑOR, MÍRANOS (m)
SEÑOR, MÍRANOS
(Xurxo Gómez Gude)
Señor, míranos con amor
ós que vimos proclama-la túa palabra.
- Oh, palabra de verdade
que nos móstra-lo camiño.
O teu pobo redimido
en ti busca o seu destino.
- Pensamento e corazón,
luz e paz piden seguido;
manda axiña, Ti, Señor,
o teu Valedor divino.
- Son os feitos os que ves,
nos que te chaman Amigo;
o que reza sen sentir,
o teu favor non pode recibir.