XURDIRÁ (m)
XURDIRÁ
(Xabier Méndez)
-Xurdirá, xurdirá,
sabemos que está alí
detrás do noso esforzo,
o teu Reino de amor,
de liberdade e paz.
Chegará, chegará,
ollamos cara a ela
unha alborada nova
que traia a luz do día
da victoria final.
-Traémosche, Señor, o mundo que deixaches
nas nosas pobres mans, faremos del un lar
que xunte na túa paz a tódolos irmáns.
-Nunha verde paisaxe Galicia está dormida
e quere espertar, alenta Ti o esprito
dos homes que para erguela a traballar están.
-Queremos para Galicia xusticia, amor e paz
que habemos de acadar será froito os homes
que sementan esforzos na terra e mailo mar.