ENTRELECTURAS
Este é o momento da liturxia eucarística que sinala o momento máis importante da Celebración da Palabra, xusto antes do Evanxeo; é a mellor forma de resaltar e distinguir este momento. É un canto de aclamación e debe cantarse con alegría e entusiasmo, tamén pode anticipar o contido da lectura do Evanxeo como orientación da mensaxe que imos escoitar.
O canto por excelencia deste momento é o ALELUIA (un dos que debería cantarse sempre, coma o Gloria e o Santo), é un momento de acollida e respecto pola Palabra que imos escoitar e tamén unha expresión de ledicia profunda pola boa nova que imos recibir. Aleluia significa "louvade ao Señor".
NON se debe cantar o Aleluia en Coresma nin na Semana Santa ata chegar o Domingo de Resurrección, onde resoará con maior forza e ledicia que nunca.