SON PAN E VIÑO (m)
SON PAN E VIÑO
(Bernaldo Gª Cendán/Xabier Méndez)
Son ledicia e son cantar, son esperanza e son vida,
son o viño e mailo pan na mesa dunha familia.
-Vinde para aquí, meus amigos,
que a mesa arranxada está.
Xa botei o viño e sobor da mesa,
xa branquea o pan.
-Vinde para aquí, meus amigos,
que xa eu abrín o meu portal
pra vós é o meu lar;
traédeme vós o voso cantar.
-Amigos, non me deixedes,
vinde todos comigo a xantar,
só vós podedes coa vosa ledicia
dar sabor ó pan.