A PAZ NON É UNHA POMBIÑA
A PAZ NON É UNHA POMBIÑA
(Música: J.A. Espinosa - Letra: Isauro García e Xesús Portas)
1. A paz non é unha pombiña, a paz non é unha ilusión,
a paz faise cada día a forza de moito valor.
A paz no cae do ceo, a paz non xorde do mar
a paz deita moi de dentro a paz é cuestión de amar.
2. A paz non é unha pombiña, a paz non é imposición,
a paz é sempre respecto a aquel que ten outra opinión.
3. A paz no é unha pombiña, a paz non é submisión,
a paz nace da xustiza, é signo dun mundo mellor.
4. A paz non é unha pombiña, a paz non é unha ilusión,
a paz é unha batalla que gaña quen dé máis amor.