CANDO POUSAN AS SOMBRAS
CANDO POUSAN AS SOMBRAS
Himno de Vésperas
(Antón Fernández León)
CONTIGO NO AMENCER E Ó MEDIODÍA,
CONTIGO POLA TARDE E Á NOITIÑA,
CONTIGO NESTE POBO ADORMECIDO,
NESTA TARDIÑA, SEMPRE NÓS CONTIGO.
Cando pousan as sombras no ser das cousas,
cando Ti nos visitas e nos acougas,
aclamámoste xuntos, creador da vida,
guardián de todo pobo, na anoitecida.
Foron pasando as horas coa súa carga
de ilusión e esperanza, de pinga amarga,
con Xesús camiñamos, El é o guieiro,
da humanidade nova, ronsel certeiro.
O Espírito anda preto das nosas dores,
doando perdoanzas, saciando amores,
con El renovaremos a fin do día
a lapa da irmandade que en Deus ardía.