GUÍAME, SEÑOR
GUÍAME, SEÑOR
(Carlos Otero Padín)
No atardecer do día,
onda Ti me achego canso;
veño, Pai, a darche as gracias
pola saúde e o traballo,
polo mar que tanto amo,
polas redes coas que pesco;
pola terra na que vivo;
pola familia que teño.
GUÍAME, SEÑOR, POR ESTE MUNDO,
DAME A TÚA MAN AMIGA.
LÉVAME CONTIGO A ONDE QUEIRAS
E CAMIÑA SEMPRE A RENTE MIÑA.
QUERO SEGUIRTE A GUSTO
A ONDE VAIAS TI
E SER UN PESCADOR NA TÚA IGREXA
E ASÍ ENSINAR Ó MUNDO A SER FELIZ.
Ó romper o novo día
ergo cara Ti os meus ollos
para che pedir que espertes
no meu corazón degoiros*
de verdade e de xustiza,
de pregaria e de loanza,
de compromiso cos homes
que andan faltos de esperanza.
* Desexo moi forte dunha cousa.(degoxo)