HIMNO FERIAL DE VÉSPERAS
HIMNO FERIAL DE VÉSPERAS
(José Ramón Estévez)
Rematamos, Señor, de traballar,
de seguir axudando á nosa terra
e co día marchando pouco a pouco,
o corpo enteiro descansa das angueiras.
Reunímonos en torno a Ti, Señor,
pra ofrecerche tristuras e mornezas,
purifica, bo Deus, o que fixemos
e devólveno-lo enchido de riquezas.
No deserto do día te buscamos,
de mañá foi a Ti o noso canto;
á tardiña retorna suplicando
e, na noite, descansará velando.
Gloria a ti, Creador do Universo,
e ó teu Fillo, o Señor Resucitado,
gloria ó Espírito, consolado no pranto.
Gloria eterna !, remata hoxe este canto.
Amén.