O MISTERIO DO CAMIÑO
O MISTERIO DO CAMIÑO
(Carlos Otero Padín)
O MISTERIO DO CAMIÑO
AXIÑA ME VAI LEVAR
PRETO DO SEÑOR SANTIAGO
QUE OS SEGREDOS ME HA GARDAR.
CANDO AS SILVEIRAS ME FIRAN
NESE LONGO CAMIÑAR
COAS MANS E OS PÉS DORIDOS
INDA ASÍ QUERO CHEGAR.
- Cando a noite sexa escura
e os meus ollos non me deixen ver
pechareinos pra que a estrela
volva en min resplandecer.
Camiñantes, peregrinos,
non deixedes de percorrer!.
O misterio do camiño
todos queren coñecer.
- Co caxato me sosteño,
e con auga, pan e suor
hei de ir gañando o camiño
gozoso e con amor.
Contan vellos peregrinos
como facía o xograr,
cantas historias escritas
dese longo camiñar!
- Cun caxato me sosteño
no camiño que me leva ó "Alén"
peregrino pola vida
sinto preto o mesmo Deus.
Non vou só mentres camiño;
vén a Igrexa canda min tamén.
o misterio do camiño
sempre brilla habendo fe.