Ó REMATE DESTE DÍA
Ó REMATE DESTE DÍA
(Arturo Gulías)
Ó remate deste día, día grande do Señor,
cantemos cheos de amor o gozo da Eucaristía.
FAGAMOS GRAN ROMARÍA A XESÚS RESUCITADO
QUE EN GRACIA NOS FOI DADO
CAL SEÑOR, AMIGO, IRMÁN,
MESTRE DO POBO CRISTIÁN,
CON AMOR EN CRUZ PROBADO.
Unámo-los corazóns en leda comunidade,
pois para facer irmandade liberounos con paixón.
TODO FOI REGALO E DON.
O ESPÍRITO EN NÓS PROCLAMA:
ABBA!, AO DEUS QUE NOS AMA!
E A TERRA FAISE LOANZAS
NESTA HORA DE ESPERANZAS,
A QUE CRISTO INVITA E CHAMA.