POR EL CANTA A MIÑA ALMA
POR EL CANTA A MIÑA ALMA
(Manuel Rico Verea-Ana Mª Fdez.)
Como cantan os paxaros
no mencer dun novo día,
así canta a miña alma
cando no Señor confía. (2)
Eu atópoo no silencio,
os meus pasos sempre guía,
por el canta a miña alma
na aflicción e na alegría.(2)
Subiremos ás súa casa,
onde reina a harmonía,
louvarémo-lo seu nome
pola noite e polo día,
louvarémo-lo seu nome
pola noite e polo día.